11ª Conferencia do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea en España: “El nuevo Horizonte para Europa”

A conferencia, organizada polo CDTI en colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación e a Comisión Europea, contou coa asistencia do persoal xestor de I+D+i da Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) da UVigo. Baixo o lema: “El nuevo Horizonte para Europa”, o evento celebrado o pasado 6 de abril no Palacio de Congresos de Valencia reuniu a máis de 1.000 asistentes do ecosistema I+D+i no ámbito do programa europeo de Horizonte Europa en España.

O obxectivo fundamental da conferencia foi analizar as grandes oportunidades que representa Horizonte Europa para o noso país e as estratexias necesarias para impulsar a participación e o liderado das entidades españolas. Durante a xornada contouse con responsables do Programa a nivel europeo e con participantes españois que proporcionaron a súa experiencia nas primeiras convocatorias de propostas. Tamén se presentou a “Guía Rápida Horizonte Europa” (elaborada por CDTI en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e o Ministerio de Ciencia e Innovación), que pretende proporcionar unha visión xeral de Horizonte Europa para o periodo 2021- 2027, así como sobre o proceso de participación no Programa.

Agora podes acceder ao contido da 11ª Conferencia do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea en España aquí.