Obxectivos
A Área de Proxectos Internacionais de Educación da OPI é a responsable de informar sobre as convocatorias internacionais, asesorar para a participación e xestionar os proxectos de educación que teñen á UVigo como beneficiaria. En concreto, fomenta a participación da comunidade universitaria no desenvolvemento e implementación de proxectos internacionais innovadores baixo as seguintes modalidades e temáticas:
- Cooperación internacional: promovendo a colaboración en proxectos que involucren múltiples países para abordar desafíos globais (creación de redes, intercambio de coñecementos)
- Innovación educativa: fomentando a mellora e transformación de métodos de ensino e aprendizaxe.
- Desenvolvemento curricular: contribuíndo ao deseño e mellora de plans de estudo internacionais e á adaptación de programas académicos.
- Intercambio de boas prácticas e know-how: facilitando o intercambio de experiencias exitosas e coñecemento entre diferentes institucións.
- Capacity-Building (Construíndo Capacidades): fortalecendo as capacidades institucionais a través de proxectos de capacitación e desenvolvemento.
- Alianzas de coñecemento: fomentando o establecemento de alianzas estratéxicas que promovan a excelencia académica e a investigación.
- Asociacionismo estratéxico internacional: apoiando a creación de asociacións estratéxicas que impulsen a internacionalización da UVigo.
- Planificación estratéxica e xestión internacional: contribuíndo á planificación estratéxica e á xestión de proxectos internacionais.
- Internacionalización dixital: promovendo a dixitalización e o emprego de ferramentas dixitais na educación internacional.
Servizos
Ofrecemos asesoramento e formación no deseño, presentación e xestión de proxectos educativos innovadores en colaboración con institucións e organizacións doutros países.
Traballamos para aumentar un maior posicionamiento internacional da UVigo. Isto inclúe a procura de socios internacionais, a xestión técnica e orzamentaria de proxectos internacionais, así como o desenvolvemento de actividades de formación e a captación de recursos.
Apoiamos ao persoal da UVigo, coordinador de proxectos internacionais, especialmente no marco das convocatorias da Unión Europea, xestionadas pola EACEA, o SEPIE, a Axencia Española de Cooperación Internacional e a Xunta de Galicia. Tamén axudamos na difusión dos resultados e a sustentabilidade a longo prazo dos proxectos aprobados.
Catalogo de Servizos ofertados á Comunidade da UVigo
- Información actualizada sobre convocatorias, prazos e oportunidades relativas a proxectos internacionais educativos.
- Análises das ideas de proxectos e elixibilidade das accións propostas en función das convocatorias vixentes.
- Punto de entrada para canalizar as peticións de cooperación internacional de novos proxectos internacionais que se reciben na universidade procedentes de entidades estranxeiras e a súa distribución a docentes e investigadores da Universidade de Vigo nos seus ámbitos concretos.
- Apoio no acceso e á comprensión do proceso de solicitude.
- Colaboración no deseño e desenvolvemento de propostas competitivas.
- Asesoría na elaboración do orzamento e análise do co-financiamento requeirido por parte da universidade.
- Entrega do dossier institucional necesario para a presentación de propostas (descrición da nosa universidade, experiencia en proxectos anteriores ou similares, capacidade de xestión, etc.) e tramitación da firma institucional da solicitude.
- Asistencia técnica na implementación dos proxectos aprobados, tanto nos proxectos educativos coordinados desde a universidade como nos que se participe en calidade de socio.
- Interpretación das normas de financiamento nos proxectos en execución.
- Interlocución ante os organismos convocantes e asistencia ás reunións de seguimento.
- Comprensión da interculturalidade no traballo con socios doutros países.
- Organización das reunións de coordinación de proxectos na Universidade de Vigo.
- Xestión e arquivo do expediente institucional do proxecto.
- Seguimento da xestión orzamentaria dos proxectos.
- Procedementos administrativos diversos.
- Apoio na elaboración dos informes técnicos de execución dos proxectos.
- Apoio na xustificación e seguimento dos procesos de auditoría.
- Contribución á visibilidade das actividades desenvoltas nos proxectos a través dun portal web común.
- Apoio á explotación de resultados e á súa difusión científica.
- Realización de actividades formativas sobre convocatorias de financiamento de proxectos, o deseño e execución de proxectos coa participación de expertos internos e externos.
- Difusión das actividades dos proxectos en redes de universidades como GCU, Nice Network, Unimed, Nafsa, EAIE ou APAIE
Servizos ofertados a Entidades estranxeiras e externas
O equipo da Área de Proxectos Internacionais Educativos da OPI da UVigo está á súa disposición para colaborar no intercambio de coñecemento nos diferentes ámbitos académicos nos que traballamos na nosa institución, na transferencia do noso know how en relación á preparación, presentación e implementación exitosa de proxectos, así como na creación de novos consorcios para participar como entidade coordinadora ou socia en novas convocatorias con financiamento externo.
Se están a buscar un socio para un proxecto, se necesitan formación ou apoio especializado nun ámbito concreto ou se desexan explorar potenciais vías de colaboración coa UVigo e os noso persoal docente e investigador, o noso equipo da OPI- área educativa, está á súa disposición para asesorarlles e actuar como ligazón entre a nosa universidade e a súa entidade.
Convidámolos a consultar as nosas seccións de proxectos educativos internacionais e de proxectos internacionais de investigación, onde poderán acceder a información sobre os proxectos nos que participamos nos últimos 25 anos.