Obxectivos

A Área de Proxectos Internacionais de Investigación da OPI é a encargada de informar sobre as convocatorias internacionais, asesorar para a participación e xestionar os proxectos de investigación que teñen á UVigo como beneficiaria.

Máis concretamente, os programas que son ámbito de actuación para esta área son os derivados principalmente da DG Research and Innovation da Comisión Europea (Horizon 2020, Horizon Europe) e dos fondos FEDER interrexionais (proxectos INTERREG), aínda que tamén se encarga de calquera outra convocatoria internacional de financiamento da investigación (LIFE+, COST, EUREKA, IBEROEKA, etc.).

Servizos

  • Fomentamos a participación da comunidade universitaria en proxectos internacionais, facendo un acompañamento completo dende o xerme da idea ata a fin da implementación do proxecto.
  • Asesoramos na procura de financiamento, socios, oportunidades e convocatorias. Axudamos a comprender os requerimentos dos diferentes programas para atopar o máis axeitado ao persoal solicitante.
  • Axudamos a preparar solicitudes competitivas para todo tipo de programas de financiamento internacionais de investigación.
  • Apoiamos na xestión integral dos proxectos internacionais durante toda a súa vida e axudamos na preparación dos informes de progreso, tanto na parte técnica como na administrativa e financeira.
  • Organizamos xornadas formativas para o persoal que integra a comunidade universitaria da Universidade de Vigo en relación a opcións de financiamento.

 

Descarga | Carta de servizos Área de Proxectos de Investigación

Contacta con nós
opi@uvigo.es | +34 986 130 287 | Consulta o directorio completo