EcoChestnut: Un programa cheo de encontros agrícolas

No ámbito do programa Erasmus+ KA2 asociacións estratéxicas, a Universidade de Vigo colaborou con distintas organizacións de Francia, Bélxica, Grecia e Portugal na promoción e desenvolvemento activo da produción de castañas. Dende Novembro de 2020 ata Abril de 2022, estes países traballaron no proxecto EcoChestnut para crear oportunidades e impulsar o crecemento da agricultura sostible da castaña.

A Universidade de Vigo, representada polo coordinador do proxecto Jesus Simal-Gandara, xunto coa cooperativa de empresarios PPC “Petra Patrimonia Corsica”, o “Parc Naturel Régional de Corse” en Francia, o Instituto Politécnico de Braga en Portugal, a organización DAKOM de Bulgaria, e a grega “ACMelivoias” (centro ambiental e cooperativa agrícola do Mediterráneo), céntranse no apoio aos agricultores e á produción agrícola de castañas en todos os países participantes. Este sector en auxe, debido ao renovado interese comercial polos produtos ecolóxicos e a sustentabilidade ambiental, experimentou un crecemento no comercio e a produción grazas á participación de EcoChestnut.

O proxecto centrouse especificamente no desenvolvemento de estratexias de marketing, a comunicación en liña e en persoa cos clientes, así como no desenvolvemento de métodos de aprendizaxe innovadores de gran axuda á granxeiros coma futuros traballadores. O proxecto europeo tamén denunciou os riscos do cambio climático e promoveu a reforestación para preservar a terra.

Co fin de promover unha produción sostible e ecolóxica de castañas, EcoChesnut creou novas cooperativas agrícolas e levou a cabo diversas actividades, como un curso de formación sobre castañas e produtos de castiñeiro ecolóxicos ou un manual sobre “Utilización do potencial das castiñeiras”. A implicación activa da Universidade de Vigo traduciuse na creación dunha “Metodoloxía de localización de plantacións”.

Pódese atopar información máis detallada sobre este proxecto en:

EcoChestnut Facebook
EcoChestnut páxina Web

English version