JEATRIBUTARIO. Evento híbrido sobre a Fiscalidade da UE na Economía Dixital, Universidade de Vigo, venres, 14 de xullo.

O Salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, no Campus de Vigo, acollerá o próximo 17 de Xuño a conferencia “Principais retos da fiscalidade da UE #ante a economía dixital” no marco do proxecto europeo Módulo Jean Monnet JEATRIBUTARIO (A cooperación entre Administracións tributarias na contorna dixital da Unión Europea).

O Dr. Fernando Serrano Antón, Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade Complutense de Madrid, explicará os diferentes retos aos que se enfronta a nova economía dixital nunha conferencia organizada pola secretaria da área de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo, a Profesora e Doutora Mónica García Fritiría. Grazas ao patrocinio da EACEA, a EC, a Axencia Estatal de Investigación e ao Ministerio de Ciencia e Innovación e durante máis dunha hora, a UVigo terá a honra de gozar do saber e coñecemento do Dr. Serrano, gran experto en materia tributaria.

Presenta o evento o Profesor e Dr. Luís Miguel Muleiro Parada, Coordinador xeral do módulo, baixo a moderación da Prof. Dra. Ana María Pita Grandal, Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo.

Aquelas persoas interesadas poderán inscribirse usando o código QR que aparece na imaxe ou ben enviando unha mensaxe a monnet.tributario@uvigo.es
Ao finalizar o curso entregarase un diploma acreditativo de asistencia.

A sesión tamén poderá seguirse en liña, a través da plataforma da UVigo.
https:// campusremotouvigo. gal/ access/ public/
meeting/3080645866
Contrasinal estudantes: Dz4 cuXP4

JM Jeatributario_conferencia 17 junio_UVigo