STAMP-ONLINE. Convenio de colaboración entre AECA e Smart Teaching in Accounting

O proxecto STAMP-ONLINE (Smart Teaching in Accounting) ten como obxectivo desenvolver unha experiencia de aprendizaxe innovadora a nivel internacional, centrada no estudo en profundidade de cuestións de contabilidade, rendición de contas e auditoría.

Para conseguilo, o proxecto STAMP-ONLINE buscará redeseñar a relación entre o ámbito científico e o práctico mediante actividades de investigación innovadoras e integrales no ámbito da aplicación útil no área da ensinanza-aprendizaxe-práctica. Ademáis o proxecto reestructurará e substituirá os coñecementos e as competencias clave adquiridas mediante o uso das tecnoloxías da información disruptivas. Para acadar este obxectivo, probarán e implantarán unha plataforma personalizada que contribúa a apoiar a estudantes e profesores e a promover e premiar a excelencia no ensino e o desenvolvemento de competencias.

Recentemente a Asociación Española de Contabilidade e Administración de Empresas (AECA) converteuse nunha entidade asociada ao proxecto. A AECA e outras entidades consorciadas, apoiarán a plataforma internacional de aprendizaxe de contabilidade. Esta plataforma en liña pretende ser unha interface entre a aula e a práctica e un lugar de encontro virtual de estudantes, profesores e empresarios, co fin de trasladar o valor adquirido do coñecemento e da práctica.

O pasado mes de xullo, entre os días 10 e 15, en Vilnius (Lituania), estudantes e profesores de 14 Universidades Europeas participaron nun programa intensivo de aprendizaxe, co fin de seguir desenvolvendo a plataforma. Acadáronse os obxectivos previstos coa valoración positiva por parte dos participantes, programa ben estructurado, práctico e atención precisa do profesorado. A Universidade de Vigo foi o único participante español, con cinco estudantes.

O programa comenzou o domingo día 10 co acto de benvida e o luns 11 celebrouse a inauguración oficial no vestíbulo do ISM (University of Management and Economics), coas intervencións do doutor Dalius Misiūnas (Presidente do ISM), da doutora Sabine Graschitz (Vicepresidenta de AFECA), a doutora Cristina Circa (Coordinadora do proxecto STAMP-ONLINE) e a doutora Valdonė Darškuvienė.

Durante a semana que durou o programa de aprendizaxe estudáronse temas como a introducción á información non financieira, á Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e á ética na era dixital, a Dixitalización e as IFRS (International Financial Reporting Standards), tamén a fiscalidade na era dixital e a introducción a Big Data e as auditorías.

O seguinte venres, día 15, levouse a cabo o acto oficial de clausura do programa intensivo de aprendizaxe e á entrega dos certificados. Un gran aplauso final mostrou o agradecemento dos presentes a toda unha experiencia colectiva de creatividade e innovación.

English version