Oficina de Proxectos Internacionais
Facilitamos a participación do persoal investigador da Universidade de Vigo en proxectos internacionais
Atracción de talento
Difundimos convocatorias, programas e iniciativas dirixidas á captación e retención de talento investigador

Como podemos axudarche?

Axudámosche a atopar oportunidades
de financiamento internacional

Asesorámoste na preparación
da túa proposta

Estamos contigo na xestión e
xustificación do teu proxecto

Últimas Novas

A UVigo lidera a validación dos recursos do proxecto europeo SOLSTICE para mellorar a colaboración en equipos internacionais.

A Universidade de Vigo lidera a fase piloto do proxecto europeo SOLSTICE (Solution-oriented management strategies for international cooperation in a higher education context), unha iniciativa cofinanciada polo programa Erasmus+ que busca mellorar a prevención e resolución de conflitos en equipos académicos e de investigación internacionais mediante o desenvolvemento de competencias de liderado, comunicación e colaboración intercultural. Tras case dous anos

Leer máis »

A UVigo coordina Road4Safe, un proxecto Horizonte Europa que empregará IA para anticipar riscos e previr accidentes de tráfico

O grupo GeoTech (Xeotecnoloxías Aplicadas) da Universidade de Vigo, integrado no centro de investigación CINTECX, coordina Road4Safe (Proactive road safety risk prediction through multi-source AI and big data to enable data-driven decisions and interventions). Trátase dun proxecto financiado polo programa Horizonte Europa que reúne 18 socios de 12 países. Terá unha duración de 42 meses e un orzamento de máis

Leer máis »

A UVigo participa en Gexpoctep, un proxecto Poctep sobre gandaría autóctona intelixente na Reserva da Biosfera Gerês-Xurés

O grupo de investigación Aerolab da Universidade de Vigo forma parte de Gexpoctep, un novo proxecto financiado na 8.ª convocatoria do Programa Interreg VI-A España-Portugal (Poctep) 2021-2027. Ten un orzamento total de arredor de 2,2 millóns de euros, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e desenvolverase ata finais de 2028. O proxecto lévase a cabo

Leer máis »

A UVIGO participa en BioCordelia (JU CBE), un proxecto europeo para desenvolver fertilizantes de liberación controlada biodegradables

A Universidade de Vigo forma parte do consorcio de BioCordelia, un proxecto europeo de investigación e innovación que procura alternativas biodegradables aos recubrimentos plásticos dos fertilizantes de liberación controlada. O proxecto arrancou en xuño de 2026 cunha reunión de lanzamento en Espoo (Finlandia), organizada polo coordinador, o centro tecnolóxico finlandés VTT. Desenvolverase ata novembro de 2029 e reúne dez entidades

Leer máis »

Xornadas Formativas Propias

Xornadas_Proxectos Erasmus+ 2026

Programas de Financiamento Internacional Investigación

O buscador de Funding & Tenders da Comisión Europea é unha ferramenta completa que agrupa múltiples oportunidades de financiamento, dende H2020 e Horizon Europe, pasando por LIFE+, EMFF, etc.

O Programa de Cooperación Interreg España-Portugal financia iniciativas de colaboración transfronteiriza en 6 áreas de cooperación ao longo da fronteira.

O Programa Interreg Sudoe forma parte do obxectivo europeo de cooperación transnacional, financiado a través dos fondos FEDER, e promove os proxectos de colaboración na área do suroeste europeo que aborden problemáticas comúns ás rexións do seu territorio.

O Programa Interreg Espazo Atlántico é outro programa de financiamento que promove a cooperación transnacional na área atlántica.

Programas de Financiamento Internacional Educación

O buscador de Funding & Tenders da Comisión Europea é unha ferramenta completa que agrupa múltiples oportunidades de financiamiento de proxectos, dende Erasmus+ e o Programa CERV, pasando por CREA, AMIF, o programa JUST, etc

As Axencias Nacionais ocúpanse da xestión das Accións descentralizadas do Programa Erasmus+. En España, o Servizo Español para a Internacionalización dá Educación (SEPIE), xestiona os proxectos descentralizados do programa Erasmus+ nos ámbitos da educación e a formación.

A Xunta de Galicia anuncia anualmente dúas convocatorias orientadas ao impulso da acción exterior e a cooperación para o desenvolvemento de Galicia.

A AECID publica regularmente diversas axudas destinadas a proxectos de cooperación para o desenvolvemento, en liña coa política exterior do goberno.