A investigadorea da UVIGO Elena Ojea gaña o Premio Fundación Banco Sabadell á Sostibilidade Mariña

Lidera o grupo Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña da UVigo

A científica da Universidade de Vigo Elena Ojea recibiu o Premio Fundación Banco Sabadell á Sostibilidade Mariña 2023. O galardón, anunciado a comezos deste mes, recoñece o seu traballo na adaptación e transformación dos sistemas socio-ecolóxicos mariños e na avaliación da vulnerabilidade e riscos fronte ao cambio climático. 

Este é un premio que busca incentivar e recoñecer o traballo das e dos científicos españois no campo da rexeneración do medio mariño, así como na explotación sostible dos seus recursos, e en concreto, aquelas investigacións que amosen evidencias tanxibles da súa aplicabilidade e incidencia. Xunto cos premios á Investigación Económica, á Investigación Biomédica e ás Ciencias e a Enxeñaría, forma parte do compromiso da Fundación Banco Sabadell coa promoción da investigación e a educación, con especial interese no pulo ao talento novo. Precisamente, o encargado de entregar a Ojea o premio foi Josep Oliu, presidente de Banco Sabadell, nun acto ao que tamén asistiu o reitor da UVigo, Manuel Reigosa; a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da UVigo, Belén Rubio; a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e o alcalde da cidade de Vigo, Abel Caballero, entre outras autoridades.

Leer a nova completa no DUVI