Polo seu labor na avaliación de estruturas de enxeñaría civil para previr colapsos en pontes.
Riveiro, profesora do Departamento de Enxeñaría dos materiais, mecánica aplicada e construción e investigadora do grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Cintecx, Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, foi distinguida polas súas achegas ao avance das Ciencias Técnicas, en concreto polo seu labor na avaliación de estruturas de enxeñaría civil para previr colapsos en pontes, estradas e vías férreas.


En 2022 recibiu o Premio Nacional de Investigación a Xoves Investigadores
Mais información no DUVI