No marco do proxecto HEI4Future, o pasado mes de setembro marcou un fito coa exitosa xornada “Deseñando a Universidade do Futuro”, celebrada no edificio Rederias da universidade, en pleno casco antigo da cidade olívica. Esta iniciativa congregou a diversos participantes co obxectivo de xerar ideas innovadoras que preparen á UVigo para os retos futuros da educación e da sociedade.
Despois do impacto positivo deste evento, o proxecto decidiu continuar co impulso cunha nova xornada o 17 de xaneiro de 2024 na que os participantes foron convocados para abordar os aspectos relacionados coas rixideces institucionais das universidades e contribuír ao deseño da nosa universidade do futuro. A actividade desenvolveuse no mesmo edificio Rederías da UVigo e contou coa representación da Directora de área de proxectos internacionais educativos, Eva Garea Oya. A xornada, facilitada por Céline Girardon e Natalia Olagaray de Caordic, estructurouse do seguinte xeito:
9:00 a 9:30h: Rexistro de asistentes
9:30 a 9:40h: Benvida e presentación da xornada
9:40 a 10:00h: Recapitulación das conclusións de días anteriores
10:00 a 11:00h: Espazo Aberto para xestores da UVigo arredor de temas identificados na sesión anterior en relación ás rixideces institucionais
11:00h: Clausura e networking
Esta nova xornada non só consolidou a aposta do proxecto HEI4Future pola innovación educativa, senón que serviu como un valioso espazo para abordar as necesidades identificadas con anterioridade, especialmente a procura dunha maior flexibilidade nas institucións académicas e aportar novas ideas ao deseño da universidade do futuro.