A profesora e investigadora da UVigo Águeda Gómez Suárez nomeada asesora científica do goberno

Tras seis anos como directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a profesora da Área de Socioloxía Águeda Gómez Suárez deixa este cargo para incorporarse ao goberno central como asesora científica do Ministerio de Igualdade.

O perfil destes asesores estará enfocado en atopar científicos expertos para cada pregunta que xurda, co obxectivo de sintetizar se hai consenso ou disenso ou cales son as posturas que se propoñen desde a ciencia.