Case a metade destes proxectos pertencen a fondos europeos de investigación, o que supón unha cifra récord para a institución viguesa, que conseguiu financiación para un total de 157 programas. A Universidade de Vigo continúa en cifras récord de captación de fondos de investigación. No ano pasado, logrou financiación para 157 proxectos que sumaron, en total, 31,8 millóns de euros procedentes, na súa maior parte, das convocatorias Horizonte Europa da Unión Europea. Trátase dunha captación lixeiramente inferior á de 2022 (32,7 millóns), pero cabe destacar que nese ano se levaron a cabo 21 proxectos de investigación máis que en 2023 (178), polo que o promedio de fondos por proxecto é o maior da historia da UVigo.
A UVigo captou en 2023 máis de 31 millóns € en proxectos
