Tres universidades europeas (Vigo, Lyon e Dunarea de Jos Galati), catro tunesinas (Sfax, Gabes, Cartage e Jendouba), ademais de institucións e empresas belgas, portuguesas, suecas e italianas, traballan desde o ano 2021 no proxecto South Mediterranean Tunisian Maintenance Centre of Excellence (SM-TMC). Financiado cun millón de euros por EACEA (Education, Culture and Audiovisual Executive Agency), o proxecto ten o obxectivo de crear un centro de referencia que dea apoio á formación e á investigación en enxeñaría de mantemento, que é “a aplicación de tecnoloxías e metodoloxías para corrixir, prever, estudar e optimizar problemas de recursos de medios nas liñas de produción”, detalla Miguel Díaz-Cacho Medina, docente e investigador do departamento de Enxeñaría de sistemas e automática da UVigo e coordinador do proxecto na UVigo.
A enxeñaría de mantemento e as súas formacións profesionais asociadas son unha das ramas da enxeñaría que máis demanda terá nun futuro próximo a nivel laboral e o seu interese é compatible cos obxectivos económicos e ecolóxicos da UE”, explica Díaz-Cacho, para quen a creación dun centro de mantemento en Tunisia, arroupado por estudios medios e superiores, seguindo estándares europeos, “permitirá, tanto a Europa, como á súa contorna, unha maior converxencia con eses intereses comúns”.
Achega europea e viguesa ao proxecto
A posta en marcha do centro de mantemento implicará a creación de estudos superiores a nivel de grao e mestrado en enxeñaría de mantemento e tecnoloxías asociadas, de aí a participación de universidades tunesinas, mentres que as súas homólogas europeas axudarán no proceso de creación de contidos que poidan ser homologados cos estándares de Boloña.
Unha nova colaboración con universidades tunesinas
South Mediterranean Tunisian Maintenance Centre of Excellence toma a remuda de proxectos anteriores nos que a UVigo colaborou con institucións académicas tunesinas.
South Mediterranean Tunisian Maintenance Centre of Excellence toma a remuda de proxectos anteriores nos que a UVigo colaborou con institucións académicas tunesinas.