JEATRIBUTARIO. Actividade formativa: “Administración tributaria e dixitalización”. Aberta a Inscrición.

Aberta a inscrición na primeira actividade formativa: “Administración tributaria e dixitalización” (20 horas) do Módulo Jean Monnet: “A cooperación entre administracións tributarias na contorna dixital da Unión Europea”.

Programa detallado aquí

Persoas destinatarias

  • Estudantes universitarios ou doutorandos cuxas titulacións aborden cuestións específicas da Unión Europea (Dereito, Dirección e Xestión Pública, Ciencias Políticas e da Administración, Ciencias Económicas, etc.).
  • Funcionarios públicos e profesionais cuxa actividade estea relacionada directa ou indirectamente coas consecuencias xurídicas da dixitalización do sector público e, en particular, da Administración tributaria.

Inscricións

Certificado de asistencia e participación

  • As persoas que asistan a este evento recibirán un diploma sempre que asistan ao 80% das sesións e participen nas actividades docentes ou obradoiros que se desenvolvan. Terá un recoñecemento de créditos ECTS (pendente de aprobación pola Comisión de Extensión Universitaria).

Consultas e información: lmuleiro@uvigo.es
Luis Miguel Muleiro Parada
Profesor de Dereito Financeiro e Tributario – Universidade de Vigo