FirePoctep+ dará continuidade ao proxecto FirePoctep. Nesta nova etapa, o proxecto estará pilotado polo profesor Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal do campus de Pontevedra e terá un orzamento de 232.534 euros, 174.400 subvencionados con fondos Feder. Seguirase a traballar coordinadamente a ambos lados da Raia en actuacións concretas que contribúan a previr e mitigar os impactos negativos que se podan xerar polos incendios forestais no territorio, e en concreto en como xestionar e actuar mellor nas Zonas Estratéxicas de Xestión (ZEG).
Os obxectivos son validar a metodoloxía de identificación das ZEG a todo o territorio dentro das áreas piloto, priorizando as actuacións preventivas; validar e estender a toda Raia os indicadores clave para o seguimento da alerta temperá e do comportamento do lume ou avanzar na interoperabilidade da resposta á emerxencia, mellorando equipos pero principalmente a partir de estándares operativos e protocolos conxuntos en conexión coa gobernanza en vigor. Ademais, tamén se traballará na mellora da formación e capacitación do persoal operativo transfronteirizo así como na capacitación dos axentes locais presentes no territorio.
Consulta a web do proxecto