Arranca o proxecto MemCat ata abril do 2028 coordinado polo INTERNATIONAL IBERIAN NANOTECHNOLOGY LABORATORY e no que participa CINBIO e institucións de Finlandia, Holanda, Alemania e Italia.
O etileno, un precursor do plástico, é un compoñente fundamental da industria química. Porén, a actual produción insostible deste composto xera grandes emisións de CO₂. A procura dunha alternativa ecolóxica aos métodos baseados en combustibles fósiles é o principal obxectivo co que se puxo en marcha o proxecto europeo MemCat (Síntese de etileno asistida por membrana sobre catalizadores tándem nanoestructurados, do inglés Membrane-assisted Ethylene Synthesis over Nanostructured Tandem Catalysts), unha iniciativa financiada integramente pola Unión Europea a través da convocatoria EIC Pathfinder Open para o programa Horizonte Europa e coordinada polo International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL), de Braga (Portugal), completando o consorcio outras seis institucións, entre as que se atopa a Universidade de Vigo e, máis concretamente, o seu Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO.
Consorcio: University of Jyväskylä (Finlandia), Eindhoven University of Technology (Países Baixos), The Max Planck Society (Alemaña), a University of Calabria (Italia) e a entidade 1 CUBE BV (Países Baixos). A Universidade de Vigo, a través do CINBIO, é a única participante española con Laura Salonen, do grupo de Nanomateriais Híbridos, como investigadora principal, e cun orzamento de 340.625 euros para a súa tarefa.