A nosa investigadora Belén Riveiro, premio RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novos no eido das Ciencias Técnicas

Polo seu labor na avaliación de estruturas de enxeñaría civil para previr colapsos en pontes.

Belén Riveiro Rodríguez, profesora do Departamento de Enxeñaría dos materiais, mecánica aplicada e construción e investigadora do grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Cintecx, Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, foi distinguida polas súas achegas ao avance das Ciencias Técnicas, en concreto polo seu labor na avaliación de estruturas de enxeñaría civil para previr colapsos en pontes, estradas e vías férreas.

En 2022 recibiu o Premio Nacional de Investigación a Xoves Investigadores

Belén Riveiro recollendo o galardón de mans do presidente da academia Jaime Domínguez
Foto: Real Academia de Enxenaría

Ler a nova no DUVI

Notas de prensa: Prensa 1, Prensa 2, Prensa 3