RAherbsFlowersAlgae: contribución clave da UVigo na seguridade alimentaria

A Universidade de Vigo, como institución de orixe, celebrou a finalización do proxecto «Risk assessment of wild edible plants (RAherbsFlowersAlgae)», desenvolto do 01/09/2023-31/08/2024 no marco do programa europeo EU-FORA. Este programa busca formar expertos en avaliación de riscos en seguridade alimentaria mediante estancias internacionais en institucións de referencia. A súa estrutura inclúe un módulo introdutorio de 3 semanas na sede da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) en Parma (Italia), seguido de 4 módulos adicionais de formación especializada. O obxectivo principal é fortalecer a cooperación entre os Estados membros e ampliar a base de coñecemento neste ámbito.

O obxectivo principal deste proxecto foi avaliar exhaustivamente os riscos co consumo das plantas silvestres comestibles (herbas e flores) e as algas, seguindo a metodoloxía recomendada pola Comisión do Codex Alimentarius e a EFSA.

O proxecto foi coordinado pola Warsaw University of Life Sciences (SGGW) en Polonia, mentres que o Prof. Miguel A. Prieto Lage foi o coordinador do proxecto na UVigo. Neste contexto, a investigadora e estudante de doutoramento da Universidade de Vigo, María Carpena Rodríguez realizou unha estancia de tres meses na SGGW, en Polonia, baixo a supervisión da Prof. Monika Trazskowska. Ademais, participou na formación especializada da EFSA en Parma, Italia, complementando a súa especialización na análise de riscos en seguridade alimentaria.

María Carpena Rodríguez (SGGW)

Este proxecto deu lugar a importantes contribucións científicas, incluíndo a publicación dun artigo no Journal da EFSA https://doi.org/10.2903/j.efsa.2024.e221111, a presentación de catro pósteres en congresos internacionais e un relatorio oral no congreso international organizado pola “International Association for Food Protection -IAFP de Long Beach, California (Máis info).
Así mesmo, publicáronse proceedings papers en revistas científicas (DOI 1) e (DOI 2).

Como parte do proxecto, a investigadora María Carpena visitou a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), fortalecendo os lazos entre institucións e fomentando a cooperación internacional en seguridade alimentaria.

Ler a nova AESAN

🔎 Este proxecto foi clave para a xeración de coñecemento na avaliación do risco das plantas silvestres comestibles, contribuíndo á seguridade alimentaria en Europa.

Memorias adicionais onde se presentan aos bolseiros do curso académico.