Os tres centros de investigación da UVigo integrados na Rede CIGUS: atlanTTic, CIM e CINBIO, recibiron este mediodía o recoñecemento da Xunta de Galicia nun acto presidido polo titular do goberno galego, Alfonso Rueda, en Santiago de Compostela. Os centros da UVigo, xunto a outros cinco da USC e dous da UDC, conforman unha superestrutura, promovida pola Xunta, na que desenvolven a súa actividade 1600 investigadores e investigadoras. Rueda, que destacou a importancia da Rede CIGUS como referente da excelencia científica en Galicia, agradeceu a súa contribución a construír “unha Galicia potente e de calidade” que é “punteira” e referente no I+D+i.
A rede, á que a Xunta destinou preto de 68 millóns de euros, logrou captar máis de 180 millóns de euros en proxectos competitivos nos últimos catro anos. De feito, na convocatoria actual, na que oito centros renovan a súa acreditación e dous se incorporan, increméntase un 31% a achega do executivo autonómico. “Un país sen ciencia é un país sen futuro”, destacou Rueda que sinalou á Rede CIGUS como un modelo único en España, cofinanciado no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 e que representa o mellor da ciencia feita en Galicia, baseada na excelencia, na colaboración e no impacto real sobre a sociedade e a economía.
Os directores dos tres centros da Rede CIGUS da UVigo: Martín Llamas de atlanTTic, Miguel Ángel Correa do CINBIO e Daniel Rey do CIM, foron os encargados de recoller os recoñecementos, nun acto no que a Universidade de Vigo estivo representada polo seu reitor, Manuel Reigosa.



🏅 CINTECX recibe o recoñecemento como Centro Colaborativo da Rede CIGUS. A directora del centro, Angeles Sanroman, recibe o distintivo da man do Secretario de Universidade, José Alberto Díez de Castro.

🏅 A directora científica de ECOBAS – Economics and Business Administration for Society, Maria Loureiro, recibiu da man do Secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, o galardón como Centro Colaborativo da rede CIGUS; único centro interuniversitario en lograr esta acreditación; e único no eido das Ciencias Sociais.
Director Adxunto: Pablo Cabanelas Lorenzo (UVIGO) e Directora Científica: María L. Loureiro (USC)
Nova na prensa