5 proxectos de investigación MSCA Postdoctoral Fellowships presentados pola UVigo obteñen o Selo de Excelencia da Comisión Europea

5 MSCA Postdoctoral Fellowships propostas presentadas pola UVigo obtiveron o selo de excelencia que otorga a Comision europea baixo a convocatoria MSCA Postdoctoral Fellowships 2024. Estes solicitantes presentaron excelentes propostas pero non recibiron financiamento debido ao orzamento insuficiente.

Os 5 proxectos de investigación presentados a esta convocatoria tratan sobre bisfenoles, biorrefinería sostible, proteasas dos virus, a quiralidade da luz e materiais luminiscentes. Un total de 4 mulleres investigadoras e un home obtiveron este selo de excelencia.

Somos o segundo pais europeo en obter máis sellos de excelencia nas propostas. Estas bolsas posdoutorais son altamente competitivas. A cuarta convocatoria do programa no marco de Horizonte Europa recibiu un total de 10.360 propostas, das que 1.696 solicitantes recibiron financiamento. Este ano os candidatos do Reino Unido poideron presentar as súas propostas ao estar de novo adheridos a HE despues duns anos ausentes.

O selo de excelencia MSCA é un selo de calidade concedido aos solicitantes de bolsas posdoutorais MSCA e accións MSCA COFUND que obtiveron un 85% ou máis na avaliación.

O Selo de Excelencia é unha garantía do valor destacado do proxecto de investigación, recoñecido por un proceso de avaliación integral e exhaustivo. Os beneficiarios poden utilizar este premio para solicitar financiamento alternativo para a súa investigación.

Grazas ao Selo de Excelencia MSCA, outros organismos financiadores poden utilizar o proceso de avaliación de Horizonte Europa se así o desexan. Unha proposta que obtivo o selo de excelencia MSCA pode contar co apoio de programas de apoio nacionais e rexionais.

MSCA Postdoctoral Fellowships 2025