Evento enmarcado nas actividades do proxecto GPE2023-001211-P, financiado por MCIN/AEI/10.13039/501100011033.
O obxectivo é deseñar proxectos colaborativos entre diferentes eidos do coñecemento
O campus de Vigo reuniu na mañá do pasado luns 17 de marzo máis de 60 investigadores e investigadoras de diferentes eidos do coñecemento nun encontro multidisciplinar organizado pola Oficina de Proxectos Internacionais de Investigación da UVigo en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic.Varios expertos e expertas en IA encargáronse de presentar os seus grupos de investigación e as súas capacidades, como Francisco Javier González Castaño, Rebeca P. Díaz Redondo, José Luis Alba Castro, Alberto Gil Solla e Manuel J. Fernández Iglesias, investigadores de atlanTTic e docentes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, e Arno Formella, investigador do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais e docente da Escola Superior de Enxeñaría Informática.
A continuación, estes mesmos expertos foron os responsables de dirixir os grupos de traballo que analizaron as futuras oportunidades de colaboración e puxeron de manifesto como a IA pode ser aplicada en diferentes disciplinas, desde as ciencias sociais ata as ciencias da saúde e a enxeñaría.