Encontro entre persoal investigador da UVigo arredor do reto do Cambio Climático

OPI-Investigación, xunto co grupo Organización do Coñecemento organizou un encontro entre persoal investigador da Uvigo arredor do reto do Cambio Climático. Este encontro tivo lugar o 22 de outubro de 2024, na Sala 1 do edificio Miralles

AXENDA
09:00-09:15 Benvida
Sabela González Panizo, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Investigación da Oficina de Proxectos Internacionais.
Pablo Cabanelas, IP do Grupo de investigación Organización do Coñecemento
09:15-10:00 Ronda de presentacións
10:00-11:00 Mesas de traballo
Organizaranse catro rondas de traballo agrupando sucesivamente a investigadores de distintas disciplinas para debatir en relación aos aspectos ambientais, sociais, económicos e culturais do Cambio Climático.
11:00-12:00 Café-Networking e peche do encontro.

Evento enmarcado nas actividades do proxecto GPE2023-001211-P, financiado por MCIN/AEI/10.13039/501100011033 e do proxecto FARCLIMATE que recibe financiación no marco das accións de investigación e innovación HORIZON EUROPE da Unión Europea, en virtude do acordo de subvención nº 101112860, e o sue socio asociado, a UICN, recibe financiación da Secretaría de Estado de Educación, Investigación e Innovación (SERI) de Suiza.