No marco do módulo Jean Monnet «Legal and governance aspects of the Sustainable Blue Economy of the European Union (BlueEcoEU)» celebrarase a conferencia «O papel dos portos como facilitadores dunha economía azul sostible para contribuír á consecución do Pacto Verde Europeo«.
A xornada reunirá expertos en sustentabilidade, dereito marítimo e xestión portuaria, que abordarán os retos e oportunidades deste sector na transición cara a un modelo máis sustentable.
A sesión iniciarase coa benvida de Carla Baz Lomba, xerente da Fundación MarinnLeg. A continuación, Annina Bürgin Piñeiro, coordinadora do módulo JM BlueEcoEU na UVigo e profesora da área de Dereito Internacional Público, ofrecerá a primeira intervención do ciclo, titulada «Portos como eixos da economía azul sostible para conectar mundos». Ao longo da xornada, distintas intervencións achegarán unha visión multidisciplinar sobre os retos e oportunidades deste sector na transición ecolóxica.
Detalles do evento
Data: 3 de abril de 2025
Lugar: Edificio de Sesións, Peirao do Transatlántico, Porto de Vigo
Modalidade: Presencial
Asistencia: Gratuíta, con inscrición previa
Obxectivos
Analizar o papel estratéxico dos portos cara a unha economía azul sostible, abordando aspectos como a descarbonización marítima, a economía circular e a xestión sostible dos recursos portuarios, en liña cos obxectivos do Pacto Verde Europeo, promovendo un debate enriquecedor entre profesionais e especialistas do sector.
A quen vai dirixido?
O encontro está pensado para profesionais do sector portuario, académico e xurídico, así como para representantes da administración pública, empresas, organizacións ambientais e todas aquelas persoas interesadas na gobernanza e regulación da economía azul sostible.
🔗Consulta o programa completo aquí
Información e inscrición: blue.eco.eu@uvigo.es
Prazas limitadas! Inscrición previa obrigatoria.