A Cátedra Jean Monnet «Institucións Europeas e Cidadáns: Adaptar a Unión Europea aos desafíos da Dixitalización (EICAEUD)« organiza a terceira edición do Obradoiro «A Unión Europea da era Dixital: unha alternativa para os investigadores mozos«. Este evento diríxese a estudantes universitarios e persoas interesadas en comprender os retos e oportunidades que a dixitalización presenta para a Unión Europea.
Obxectivo
Este obradoiro ten como finalidade analizar o impacto da dixitalización na Unión Europea, explorando os seus desafíos e oportunidades, especialmente no ámbito da investigación, e proporcionando ferramentas útiles para aqueles interesados en desenvolver a súa carreira neste contexto.
Detalles do evento
Data: 22 de abril de 2025 de 16.30 a 19.30 h.
Lugar: Salón de Actos virtual da Facultade de Dirección e Xestión Pública do Campus de Pontevedra
Modalidade: Virtual
Asistencia: Gratuíta, con inscrición previa
A inscrición realizarase a través da plataforma Bubela ou escaneando o código QR dispoñible na imaxe
Requisitos e prazas
• Os participantes poderán obter un diploma de participación (5 horas) cumprindo os requisitos de asistencia (80 % das sesións) e entrega dunha tarefa titorizada.
• O aforo está limitado a 25 prazas.
🔗Consulta o programa completo aquí