Técnicas da OPI participan en Cracovia na asamblea xeral da Asociación de Antiguos Alumnos Marie Curie (MCAA), durante o acto, representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e universidades galegas participaron en diferentes encontros con investigadores españois no estranxeiro e con investigadores Marie Curie para presentar os programas de apoio ao talento e á investigación da Xunta.
Entre eles, destaca o programa Oportunius, cuxo obxectivo é xerar oportunidades para investigadores excelentes que queiran desenvolver a súa carreira científica en Galicia reforzando as opcións de acceso e os beneficios asociados ás axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). Os beneficiarios das bolsas Marie Skodowska Curie son excelentes perfís de investigación e posibles candidatos a bolsas ERC, de aí o interese polas relacións da nosa comunidade con este colectivo.
Ademais, a delegación galega reúnese coa xunta directiva da asociación organizadora do encontro para explorar novas oportunidades de colaboración. De feito, neste foro tamén se informa da posta en marcha por parte da Xunta dun programa de apoio aos candidatos Marie Curie. Con esta iniciativa búscase identificar e asesorar aos candidatos a esta axuda para que poidan obtelo coas entidades galegas. O obxectivo é posicionar a Galicia nestas axudas a nivel nacional e europeo, como se está a facer coas axudas de ERC.