Xornada informativa en Santiago de Compostela: Presentación das Convocatorias CL2 Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva + WIDERA

A Axencia Galega de Innovación organizou unha xornada de presentación sobre as convocatorias para 2025 do Cluster 2 de Horizonte Europa e do programa WIDERA á que acudiron técnicas da OPI.

A sesión estivo organizada en dous bloques. Un primerio no que se introduciu o Cluster 2 do programa marco sobre cultura, patrimonio, creatividade e sociedade inclusiva e as convocatorias dispoñibles para este 2025. No segundo bloque presentáronse as convocatorias WIDERA, widening participaton and stregthening the European Research Area, para 2025. O principal obxectivo destas convocatorias é promover a excelencia e difusión dos sistemas de investigación e innovación en Europa, favorecendo que a UE avance de forma conxunta neste ámbito.

A xornada tivo lugar na sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes s/n) e contou coa participación de Adeline Marcos, Aida Díaz e Mar Mesas, Puntos Nacionais de Contacto para o Cluster 2 e WIDERA, que ademais de presentalas estiveron dispoñibles para manter reunións bilaterias coas entidades interesadas.

Programa da xornada