RIGHTSEU. Seminario Internacional sobre igualdade e non discriminación na UE

Pontevedra acollerá un Seminario Internacional baixo o título «A igualdade e a non discriminación como vector de referencia na construción da Unión Europea«, unha iniciativa que reunirá a especialistas, investigadores/as e profesionais do ámbito xurídico para reflexionar sobre o papel dos dereitos sociais no emprego e a súa contribución á cohesión europea.

Organizado no marco do proxecto Jean Monnet RIGHTSEU (The central role of the European Union’s social rights in employment in the Twenty-First Century), este encontro académico exponse como un espazo para a análise crítica das políticas sociais da UE, os avances normativos, os desafíos persistentes e as boas prácticas en materia de igualdade e non discriminación.

Datas e lugar

  • Días: 12 e 13 de xuño de 2025
  • Lugar: Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9, 36002, Pontevedra)
  • Formato: Presencial e virtual (con retransmisión en streaming)

Obxectivos

  • Analizar o papel dos dereitos sociais no emprego como elemento central da cohesión europea.
  • Profundar nos principios de igualdade e non discriminación dentro do marco xurídico da UE.
  • Estudar os avances lexislativos, retos vixentes e boas prácticas no ámbito do Dereito social.
  • Favorecer o intercambio de experiencias entre o ámbito académico e profesional, a nivel nacional e internacional.

Estrutura do seminario

Participación de expertos/as nacionais e internacionais en Dereito do Traballo e políticas sociais.
Desenvolvemento de mesas redondas temáticas e espazos de debate aberto.

Comité organizador

A coordinación do seminario está a cargo da profesora Dna. Emma Rodríguez Rodríguez, coordinadora do proxecto RIGHTSEU, xunto cos profesores D. Jaime Cabeza Pereiro, Dna. Irene Dozo Mougán e Dna. Rosa Rodríguez-Martín Retortillo, todos eles membros do Departamento de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo.

Programa

Máis información: rightseu.web.webs.uvigo.es
Contacta: rightseu.web@uvigo.gal