O ecosistema galego de I+D+i protagonista en Nature Magazine!
A prestixiosa Revista Nature destaca a consolidación de Galicia como polo de innovación en diversos sectores como a biomedicina, a intelixencia artificial ou a computación cuántica grazas ás políticas proactivas do Goberno galego e ás sinerxías xeradas entre os distintos axentes do ecosistema de I+D+i
Entre as iniciativas da Xunta de Galicia mencionadas na publicación destacan o programa Oportunius, enfocado a xerar oportunidades para persoal investigador excelente que queira desenvolver a súa carreira científica en Galicia, e a RedeCIGUS, unha superestrutura que integra aos centros de investigación acreditados que son punta de lanza do sistema
O artigo conta co testemuño de investigadores de referencia en Galicia, como Angel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e líder do proxecto Xenoma; Amparo Alonso, catedrática da Universidade da Coruña, investigadora no CITIC Centro de Investigacion TIC – Universidade da Coruña e referente na abordaxe da IA con enfoque ético; ou Marcos Curty, catedrático na Universidade de Vigo, experto en criptografía cuántica e director do VQCC Vigo Quantum Communication Center (VQCC).
Spanish region emerges as scientific powerhouse
Artigo: «Galicia, a region in Spain’s north-western corner, is emerging as a biomedicine and tech innovation hub, tackling regional and global challenges from disease prevention to secure communications«
Marcos Curty impulsa as comunicacións cuánticas en España, reforzando a criptografía cuántica e contribuíndo á infraestrutura cuántica da UE