Tecnoloxía galega para a xestión e conservación da selva amazónica e a sabana brasileira 

Colleitar datos sobre o clima, a temperatura, a humidade e a biodiversidade da selva amazónica e da sabana brasileira, o Cerrado, achegando información crucial para a xestión e conservación destes ecosistemas é a finalidade da misión Perceive, un proxecto no que participan as universidades de Vigo, a través do Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, e Brasilia, liderada polo docente e investigador do Grupo de Satélites Renato Borges, e a empresa Alén Space. “O sistema proposto ten un impacto significativo ao ofrecer a Brasil a autonomía estratéxica na recompilación e almacenamento de datos, algo fundamental para mellorar a capacidade de resposta ante posibles catástrofes naturais e para preservar a biodiversidade, tendo en conta que actualmente Brasil depende en gran medida de terceiros para acceder aos datos necesarios para monitorear a seu vasto territorio, o que xera desafíos en termos de control e resposta ante situacións críticas”, explica o catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicación e responsable do Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais da UVigo, Fernando Aguado.


Máis información

Prensa

Prensa 2

Prensa 3

Prensa 4