4 proxectos SUDOE aprobados

Parabéns aos proxectos SUDOE seleccionados nos que participa a UVIGO

Os catro proxectos aprobados no programa Interreg SUDOE que promoven o desenvolvemento sostible, a innovación e a cohesión social nas zonas rurais do suroeste europeo:

AgroSpace
As tecnoloxías espaciais, o propulsor da innovación nas zonas rurais.
Unha iniciativa que achega a vangarda tecnolóxica ao medio rural, demostrando que o espazo tamén pode estar ao servizo do desenvolvemento local.

Soil&WineResidues
Sustentabilidade do solo de viñedo e aproveitamento ecoeficiente dos residuos vitivinícolas.
Un paso máis cara a unha viticultura máis responsable e circular, onde cada residuo se transforma nunha oportunidade.

VITI-VALMO
Valorización dos residuos orgánicos locais para unha viticultura resiliente fronte ao cambio climático.
A resiliencia fronte ao cambio climático comeza na terra: un proxecto comprometido coa economía circular e a agricultura sostible.

RuralSilverHubS
Mellora da calidade de vida nas áreas rurais impulsando a economía social na Silver Economy.
Un recoñecemento ao valor das nosas comunidades rurais maiores, apostando polo benestar, a inclusión e a innovación social.

Estes proxectos representan o compromiso europeo cun futuro máis verde, xusto e cohesionado. Parabéns a todos os investigadres UVIGO implicados!

Máis información