MSCA COFUND: CINBIO lanza o proxecto europeo Nano4Talent para a atracción de talento nos eidos dos Nanomateriais e a Biomedicina

A integración dos Nanomateriais e da Biomedicina presenta desafíos complexos nos ámbitos da investigación e da innovación, funcionando con frecuencia de xeito illado, a pesar da crecente necesidade de colaboración interdisciplinaria para resolver os problemas relacionados coa saúde mediante materiais avanzados. Superar esta fenda para poder acadar así avances significativos a nivel tanto científico como industrial é precisamente o principal obxectivo co que se pon en marcha o proxecto europeo Nano4Talent (Programa postdoutoral de atracción de talento para impulsar a carreira investigadora no campo dos nanomateriais para biomedicina), unha iniciativa financiada con 477.600 euros pola Unión Europea a través dunha Acción Marie Skłodowska-Curie – Cofund do programa Horizonte Europa e coordinada polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, sendo Miguel Correa o seu investigador principal.

Nano4Talent botou a andar en xaneiro deste ano e prolongarase ata finais de decembro de 2029, formando parte do consorcio, ademais da Universidade de Vigo, outras 16 entidades asociadas de Italia, Francia, Alemaña e Bélxica. A participación española inclúe a Universidad Miguel Hernández; as fundacións Gaiker, Biomédica Galicia Sur e Tecnalia; o Clúster de Acuicultura de Galicia, a Asociación para a Dixitalización da Industria e o DIH DataLife. Ademais, empresas españolas como BFlow, Qubiotech, Ibonelab, Diversa Technologies e Nanogap tamén forman parte do proxecto. Completan o consorcio entidades internacionais como Nanofaber, Institut Pasteur, Miltenyi Biotec e Nanotechnology Industries Association.

Ler a nova no DUVI

Tamén podes consultar o proxecto na web do CINBIO