Xornada informativa Atraer talento global á UVIGO: o papel de supervisor/a en MSCA PF 2025 (19/06/2025)

A OPI – Área de Proxectos Internacionais de Investigación ten o pracer de convidarvos á xornada informativa Atraer talento global á UVIGO: o papel de supervisor/a en MSCA PF 2025 dirixida a persoal investigador da UVIGO interesado en exercer como supervisor/a, que terá lugar o próximo 19 de xuño de 2025, das 11.30 ás 14.30 h, na Sala Manolo Ramos – Edificio Ernestina Otero, Campus de Vigo.

Benvida – Atraer talento global á UVIGO

Belén Rubio Armesto, Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación

Presentación da xornada

Sabela González, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Investigación da OPI

Aspectos clave da convocatoria 2025 para candidatos/as e supervisores/as

Ana F. Mosquera – Técnica de promoción da Área de Proxectos Internacionais de Investigación da OPI

Servizos de apoio da OPI na atracción e busca de candidatos/as

Adriana Santos – Técnica de atracción de talento da Área de Proxectos Internacionais de Investigación da OPI

O programa Oportunius e a atracción de talento

María José Mariño Fontenla, Directora da Área de Talento e Transferencia da Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Presentación da Asociación de Antigos Alumnos Marie Curie (MCAA)

Nelson R. García Polanco, Presidente da MCAA de España e Portugal

Claves da supervisión de candidatos/as 2025

Ashish Avashti, Vicepresidente da MCAA de España e Portugal & Chair of Communication da MCAA

Experiencia e consellos dun supervisor en MSCA PF

Félix Freire Iribarne, Supervisor dun candidato MSCA PF (CINBIO/UVIGO)

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es image-21-1024x676.png

A xornada será gravada e posteriormente estará dispoñible a través da UVigoTV.

Prégase inscrición previa antes do 18 de xuño: https://forms.cloud.microsoft/e/yqu21XACzN

Evento enmarcado nas actividades do proxecto GPE2024-001461-T, financiado por MICIU/AEI/10.13039/501100011033