A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) celebrou do 9 ao 11 de xuño, en San Lorenzo do Escorial, a novena edición do Seminario Oficina Europea, centrado en ofrecer ferramentas, recursos e información detallada a persoas xestoras da investigación e a innovación sobre os programas e convocatorias do Consello Europeo de Investigación (ERC), as Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA) e o Consello Europeo de Innovación (EIC), así como outros aspectos transversais comúns a todos os proxectos do Programa Marco.
Durante tres xornadas, 38 xestores e xestoras de I+D+i, procedentes de institucións públicas e privadas de diferentes comunidades autónomas, recibiron formación da man dos Puntos Nacionais de Contacto (NCPs) sobre os distintos programas, co obxectivo de actualizar coñecementos clave para a xestión de proxectos europeos. Por parte da UVIGO participou no seminario unha técnica de OPI (Atracción de talento).
Evento enmarcado nas actividades do proxecto GPE2024-001461-T, financiado por MICIU/AEI/10.13039/501100011033
Máis detalles na web do FECYT