Novas convocatorias Horizonte Europa: CL6, CL5-Clima, CBE e PRIMA

Data: 16 de xuño de 2025
Lugar: Sede da GAIN, Santiago de Compostela
Organiza: Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración con CDTI e FEUGA

A xornada centrouse en dar a coñecer as principais liñas estratéxicas e oportunidades de financiamento europeo previstas no Programa de Traballo 2025 de Horizonte Europa, concretamente nos Clúster 5 (Clima, enerxía e mobilidade) e Clúster 6 (Alimentación, bioeconomía, recursos naturais e medio ambiente), así como nas iniciativas CBE JU (bioeconomía circular), PRIMA (cooperación mediterránea en I+D) e as Misións da UE (auga, solo, océanos, clima…).

Ao longo do encontro presentáronse as temáticas prioritarias das futuras convocatorias, compartíronse casos de éxito de entidades galegas e ofrecéronse recomendacións prácticas para mellorar a posición das entidades na preparación de propostas. Tamén se incluíu un espazo de reunións bilaterais co Punto Nacional de Contacto (NCP), para resolver dúbidas individualizas

Desde a OPI da Universidade de Vigo, animamos aos grupos de investigación con interese nestes ámbitos a consultar a documentación facilitada e a contactar connosco para recibir asesoramento personalizado sobre as convocatorias, a procura de socios e a planificación estratéxica de propostas.

Máis detalles sobre as convocatorias