A ECIMAT na World Fishing Exhibition

Entre os vindeiros días 16 e 19 de Setembro vai ter lugar en Vigo a sexta Feira Mundial da Pesca, esta feira, líder no mundo da pesca, contará este ano coa celebración conxunta da Aquafarming 2009 adicada ao sector da acuicultura. A ECIMAT – Universidade de Vigo vai contar cun stand na Aquafarming 2009 no que se presentará a oferta científico tecnolóxica da nosa Universidade en materia de Acuicultura.

Os interesados en acudir á feira poden acreditarse gratuitamente ata o 6 de Setembro aquí

Mais información na web do evento