Conferencia europea de EC4RURAL – LIFE Programme «Comunidades Enerxéticas Rurais: tendendo pontes entre a acción local e a transición cara a enerxías limpas
A conferencia organizada polo proxecto europeo permitiu xerar sinerxias, intercambiar experiencias e fortalecer novas redes para fomentar a colaboración entre representantes de CER de toda Europa, grupos de acción local, investigadores, asociacións e autoridades públicas a nivel local, rexional e europeo.
Especialistas europeos achéganse ás comunidades enerxéticas rurais no Rosal (10 Out 2025)

Visitaron o municipio dentro do congreso de EC4Rural para coñecer a transición cara ás enerxías limpas impulsada polo Concello
O Rosal converteuse estes días no centro da transición enerxética rural. Especialistas procedentes de 20 países visitaron o municipio para coñecer de primeira man o modelo rosaleiro no camiño da implantación de comunidades enerxéticas, un exemplo de compromiso local, innovación social e sustentabilidade que está a inspirar iniciativas por toda Europa.
A visita enmárcase na conferencia europea “Comunidades enerxéticas rurais: tendendo pontes entre a acción local e a transición cara ás enerxías limpas”, organizada polo consorcio do proxecto europeo EC4RURAL, cofinanciado polo programa LIFE da Unión Europea. Un encontro que permitiu xerar sinerxías, intercambiar experiencias e fortalecer novas redes de colaboración entre representantes de comunidades enerxéticas, grupos de acción local, persoal investigador, asociacións e autoridades públicas de toda Europa.
Durante a súa estancia, os e as especialistas coñeceron de preto os proxectos de comunidades enerxéticas locais nos que se están traballando dende o Concello coa veciñanza e tecido asociativo, empresarial e social, unha delas implantada ao abeiro do proxecto EC4Rural. Un encontro que permitiu ademais descubrir outras accións que o Goberno municipal está a para promover un modelo enerxético máis xusto, participativo e sostible.
