Encontro da investigación excelente ao ERC no marco do programa Oportunius 

Oportunius leva máis de dez anos ofrecendo oportunidades para desenvolver unha carreira científica de excelencia en Galicia. Cun investimento de 17,5 M€, neste período quintuplicou o retorno económico que ascende a case 97 M€. En total, 38 gañadores de bolsas do ERC están a recibir apoio do programa para desenvolver 47 proxectos en universidades e centros de investigación galegos. Deles, 20 están directamente contratados como investigadores distinguidos pola Axencia Galega de Innovación.A xornada, que contou, ademais da comunidade OPORTUNIUS, con persoal investigador de programas de excelencia como as Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA), Ramón y Cajal, ATRAE ou Beatriz Galindo, serviu tamén para animar a estos perfís a presentarse ás convocatorias do ERC e presentar as novas liñas de servizos e apoios que ofrece o Programa Oportunius.

A directora da OPI-Área de Investigación e unha técnica de promoción de proxectos internacionais acudiron ao encontro acompañando aos investigadores da UVigo que se deron cita no evento e para coñecer de primeira man as novidades do programa ERC para 2026.

Nova na prensa: Xunta; GAIN