Congreso EAIE Goteborg 2025

A participación galega no Congreso EAIE2025 pechouse con balance moi positivo. O evento, referente no ámbito da educación superior e da innovación, reuniu máis de 250 organizacións de cen países, servindo de escaparate internacional para o potencial das universidades galegas e do ecosistema de I+D+i de Galicia.

A delegación liderada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) contou coa presenza de diversos axentes do sistema galego de innovación, entre eles unha técnica da OPI-Área de Investigación da Universidade de Vigo, invitada por GAIN. Durante o encontro, exploráronse oportunidades de colaboración e posibles alianzas para desenrolar proxectos europeos e atraer talento a nosa comunidade.