Galicia liderará unha fábrica europea de Intelixencia Artificial cun orzamento de 82 millóns de euros
Galicia contará cunha das fábricas europeas de Intelixencia Artificial (IA), un proxecto estratéxico que mobilizará 82 millóns de euros para situar á comunidade na vangarda europea neste ámbito. A iniciativa, denominada 1HealthAI, centrará a súa actividade na aplicación da IA ao sector da saúde e desenvolverase arredor do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
O proxecto está impulsado pola Xunta de Galicia e conta coa participación do CSIC, das tres universidades galegas —entre elas a Universidade de Vigo—, do hub dixital DATAlife e doutros axentes do sistema galego de I+D+i.
A fábrica combinará infraestruturas de supercomputación avanzada e unha plataforma experimental de IA que permitirá desenvolver novas tecnoloxías, apoiar empresas emerxentes e fomentar a captación de talento especializado.
A participación da Universidade de Vigo reforza o seu compromiso coa innovación dixital e coa transferencia de coñecemento, contribuíndo a consolidar Galicia como referente europeo en intelixencia artificial aplicada á saúde e á sociedade.