Proxecto:BOOST4H. Obradoiro Organizado pola OPI e EOSA

A Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) da Universidade de Vigo organizou un obradoiro de traballo no marco do proxecto BOOST4HE, desenvolvido en colaboración coa consultora EOSA e financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Durante a sesión realizáronse dinámicas de grupo, actividades de intercambio de experiencias e exposicións das principais liñas de investigación, co obxectivo de fortalecer as sinerxías entre equipos e mellorar a participación da UVigo no programa Horizon Europe.

Este obradoiro forma parte das accións da OPI para impulsar a proxección internacional da investigación universitaria, fomentar novas colaboracións e consolidar a presenza da Universidade de Vigo en convocatorias europeas de I+D+i.