Proxecto MultiGIS4Rivers (CHIST-ERA): A UVigo lidera un equipo internacional que busca “revolucionar” a xestión dos recursos hídricos

Baixo a coordinación do grupo HydroForest, da Escola de Enxeñaría Forestal, investigadoras e investigadores de seis países traballan no desenvolvemento dunha plataforma dixital que combine datos multidimensionais e multiescala con ferramentas de intelixencia artificial e de análise xeoespacial co propósito, sinalan, de “revolucionar as metodoloxías de xestión dos recursos hídricos”. Seleccionado na convocatoria europea Chist-Era, o proxecto MultiGIS4Rivers céntrase na creación dunha “plataforma dixital que reúna e conecte toda a información necesaria para entender, conservar e xestionar mellor os ecosistemas fluviais e toda a súa conca”, sinala a súa coordinadora, Xana Álvarez, investigadora principal do grupo HydroForest.

Máis información no DUVI