O proxecto europeo Moveo propón solucións dixitais para mellorar a eficiencia, sustentabilidade, seguridade e inclusión do sistema de transporte europeo

A finais do curso pasado botou a andar un novo proxecto europeo que implica entidades de nove países para avanzar no deseño de infraestruturas de transporte e mobilidade máis eficientes, seguros e sostibles dende o punto de vista ambiental. Moveo, Intelligent framework for inclusive and seamless transport infrastructure and mobility services, está coordinado pola empresa española Centro de Estudios de Materiales y Control de Obra SA e conta entre os seus socios coa Universidade de Vigo, en concreto co grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas TF1. Á fronte do equipo vigués está Joaquín Martínez Sánchez, investigador do Cintecx, Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo e docente da Escola de Enxeñaría de Enerxía de Minas e Enerxía.

Máis información no DUVI

Web do proxecto