Dende a UVIGO sumámonos á visita institucional ao INL – International Iberian Nanotechnology Laboratory en Braga, xunto a outros axentes do ecosistema galego de I+D+i o pasado 27 de outubro.
Unha oportunidade para fortalecer a colaboración científica entre Galicia e o Norte de Portugal, explorar novas sinerxías e impulsar proxectos conxuntos en áreas clave.
Dúas técnicas da Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) que acompañaron a delegación de investigadores da UVigo nesta visita formaron parte do equipo encargado de apoiar a coordinación institucional, a identificación de novas oportunidades de colaboración e tamén as accións de captación de talento investigador no marco da cooperación Galicia–Norte de Portugal. A súa presenza permitiu reforzar a ligazón entre os grupos de investigación participantes e as estruturas de I+D+i de ambas rexións, facilitando o intercambio de información, a detección de sinerxías e a preparación de futuras iniciativas conxuntas.
Máis información:


