Proyecto europeo Storcito: 4,9 M€ para innovar en incendios, movilidad y energía rural

Os once socios de cinco países que participan nel reúnense desde este martes en Allariz

Do 18 ao 20 de novembro Allariz acolleu a primeira asemblea xeral presencial do proxecto europeo Storcito. Liderado pola Universidade de Vigo e con case 4,9 millóns de euros de orzamento, a iniciativa reúne a once socios de cinco países co obxectivo de fomentar a innovación multidisciplinar en ámbitos chave das zonas rurais europeas: a xestión sostible dos recursos e prevención de incendios forestais, a transición a sistemas enerxéticos sostibles e a consecución dunha mobilidade sostible, inclusiva e climaticamente neutra.

Na apertura do encontro, Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, subliñou que o impacto de Storcito non se limita ao ámbito académico, “senón que tamén chegará á sociedade, á que aspiramos a servir”, subliñando a importancia de contribuír desde a Universidade “a un futuro onde as comunidades rurais europeas lideren a loita contra o cambio climático e sexan máis seguras fronte aos incendios forestais, impulsadas por enerxías limpas e conectadas mediante un transporte intelixente e ecolóxico”. Igualmente, o responsable académico salientou o orgullo da institución académica por ver persoal investigador seu liderar iniciativas de ámbito europeo da envergadura de Storcito.

Abordaxe multidisciplinar

O consorcio de Storcito (Sustainable transformation of rural communities via technical, social and organizational innovations) está formado por cinco institucións académicas (Universidade de Vigo, Universidade Ruhr de Bochum, Universidade Agrícola de Atenas, Universidade de Utrecht e o Instituto de Tecnoloxía Deggendorf); as entidades de innovación Sintef AS (oenegué dedicada á I+D) e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde); as empresas de desenvolvemento tecnolóxico Innogando SL (sector gandeiro) e Nimmo AS (mobilidade sostible) e o municipio noruegués de Gjesdal. Cunha duración de tres anos, está financiado con 4.862.797,70 euros a través do programa Horizonte Europa da UE. O equipo do campus de Ourense que lidera a iniciativa está encabezado por Fernando Veiga (do Laboratorio de Sistemas Aeroespaciais e de Transporte-Aerolab e da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo), Maribel Doval (de Historia Contemporánea I e da Facultade de Educación e Traballo Social) e María Fernández (de Sistemas Agroambientais e da Facultade de Ciencias). Os grupos participantes pertencen ao Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense…

Adaptar e aplicar tres tecnoloxías

Storcito centrarase “en aterrar distintas tecnoloxías ao rural e adaptalas a este tipo de contornas cun alto potencial de futuro e innovación”.

Imaxe da apertura

Ler a nova no DUVI