A nosa investigadora Belén Riveiro e o seu equipo de CINTECX, Premio da Crítica de Galicia 2025 en Ciencia e Tecnoloxía

O grupo liderado por Belén Riveiro, investigadora do ámbito das Xeotecnoloxías Aplicadas en CINTECX, vén de ser recoñecido co Premio da Crítica de Galicia 2025 polo seu traballo pioneiro en intelixencia artificial aplicada á inspección de pontes.

O estudo galardoado —desenvolvido xunto con Daniel Lamas, Andrés Justo e Mario Soilán— propón unha metodoloxía baseada en modelos de deep learning para xerar nubes de puntos sintéticas de pontes de celosía, permitindo automatizar procesos de inspección e mantemento sen precisar escaneos reais das infraestruturas.

Esta investigación, publicada en Automation in Construction, representa un avance decisivo cara á dixitalización intelixente, mellorando a seguridade, a eficiencia e a sustentabilidade. Unha aportación especialmente relevante en Galicia pola súa orografía e polo gran número de pontes situadas en zonas de difícil acceso.

Máis información