O centro de excelencia CIGUS atlanTTic celebrou o seu 15º aniversario

O centro atlanTTic da Universidade de Vigo celebrou o seu 15º aniversario cun acto no que se puxo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro. Durante o evento, que contou con representación da Xunta de Galicia e da universidade, exhibiuse unha mostra con proxectos, demostracións tecnolóxicas e resultados de investigación nos ámbitos das comunicacións 6G, ciberseguridade, intelixencia artificial, redes avanzadas e tecnoloxías cuánticas. O conselleiro de Educación, Ciencia e Universidades destacou que o centro se consolidara como referente galego en innovación e transformación dixital, mentres que o reitor subliñou o seu impacto na captación de talento e na transferencia ao tecido produtivo. Na celebración tamén repasáronse os logros dos tres directores que levaron o centro ao longo dos anos e marcáronse os retos futuros: reforzar a proxección internacional e liderar tecnoloxías emerxentes como IA, fotónica ou cuántica. Durante estes quince anos, atlanTTic mobilizou importantes fondos, xerou spin-offs e contribuiu a situar Galicia á vangarda da innovación tecnolóxica.

Máis información no DUVI