O impacto do proxecto europeo ERC Mapas 

O pasado verán o grupo de investigación Mapas Lab, adscrito ao Centro de Investigación Mariña CIM-UVigo e liderado por Sara Varela,  lanzou un cómic co que achegar a ciencia á sociedade e, agora, apenas uns meses despois, arranca 2026 coa presentación dun novo proxecto divulgativo, Paleonautas: o teatro da vida, unha exposición itinerante de pequeno formato que propón unha viaxe visual e evocadora polas principais etapas da evolución da vida na Terra, combinando divulgación científica e creación artística.

Como parte do traballo do grupo Mapas Lab da UVigo, a exposición está concibida para prolongar a visibilidade e o impacto do proxecto europeo ERC Mapas máis aló do seu período de execución, reforzando a súa vocación divulgativa e educativa a escala nacional.

Paleonautas: Paper theatres on the history of life (descargables)

Máis información no DUVI

Prensa