Premio Fundación Barrié–RAGC na categoría de Ciencias Básicas para a nosa investigadora María Mayán Santos (CINBIO)

Unha proteína do propio corpo, a conexina 43, podería ser clave para frear a resistencia dalgúns cancros aos tratamentos.

Este é o achado da investigación levada a cabo por María Mayán e o seu equipo do CINBIO da Universidade de Vigo, que lles valeu o Premio Fundación Barrié–RAGC na categoría de Ciencias Básicas.

O proxecto liderado desde o CINBIO por María Mayán, responsable do grupo de investigación Cellcom, Comunicación celular en cancro e en enfermidades asociadas á idade, céntrase na identificación dunha proteína como unha potente diana terapéutica para loitar contra un tipo de mutación xenética presente en cancros como o melanoma, o de mama ou o colorrectal. Amósase capaz de frear o crecemento de certos tumores e evitar a aparición de resistencia aos fármacos. “A resistencia ao tratamento é un dos retos máis importantes en oncoloxía, por iso proxectos encamiñados a entender os mecanismos implicados e a buscar solucións son tan relevantes para poder chegar a curar o cancro ou, polo menos, cronificalo”, salientou a investigadora, ao tempo que resaltou que “esta investigación exemplifica o potencial transformador da ciencia feita en Galicia para abordar problemas reais”

Máis información no DUVI