O premio en Ciencias Sociais da Fundación Barrié de la Maza foi para a investigadora Iria González, da Escola de Enxeñería Industrial

Aposta pola sostibilidade no comercio electrónico

O premio en Ciencias Sociais foi para Iria González, da Escola de Enxeñería Industrial, que traballa na xestión sostible da denominada última milla no comercio electrónico. É a fase final e máis crítica do proceso, o transporte do pedido desde o derradeiro centro de distribución ata a entrega ao cliente, cun alto impacto ambiental. A investigación proporciona ferramentas e directrices para facilitar o deseño e posta en marcha de estratexias sustentables neste último tramo do proceso. “Para nós este premio é un recoñecemento á aposta pola sostibilidade e un impulso para seguir a traballar nesta liña” -sinalou a investigadora-.