Desde Ciencias do Campus de Ourense coordínanse zonas de ensaios en distintos países e terreos

O proxecto europeo InBestSoil, liderado pola Universidade de Vigo e coordinado desde o Campus de Ourense polo profesor Andrés Rodríguez Seigo entra na súa fase final. Esta iniciativa, que comenzou en xaneiro de 2023, busca mellorar a saúde do do solo mediante a valoración económica dos servizos ecosistémicos que proporciona.

Áreas experimentais: os «faros» do proxecto

Neste contexto, establecéronse nove áreas experimentais en diferentes rexións de Europa (atlántica, mediteránea, continental e setentrional) onde se están a implementar e avaliar solucións innovadoras adaptadas a diferentes usos do solo. Entre elas inclúense a diversificación de cultivos nos Países Baixos para mellorar a fertilidade, a agricultura de conservación en Italia e o desenvolvemento de estratexias para aumentar o almacenamento de carbono en Suíza. Outras iniciativas inclúen o pastoreo na dehesa española, a agricultura en zonas periurbanas de Vilnius e Zagreb e a restauración de solo en minas abandonadas e zonas forestais.

En Galicia, o proxecto está a desenvolver un estudo de caso na Mina de Touro (A Coruña), probando a eficacia dos tecnosolos para recuperar terreos degradados pola actividade mineira e aumentar a biodiversidade. Os resultados preliminares indican melloras na biodiversidade e nos parámetros do solo, con posibles aplicacións noutras rexións.

Valoración económica e toma de decisións

Máis alá dos aspectos técnicos, InBestSoil ten como obxectivo proporcionar ferramentas, datos e modelos que permitan ás administracións públicas,  ás empresas e aos investigadores avaliar o impacto de investir na saúde do solo e avanzar cara a modelos máis sostibles e resilientes. 

O proxecto conta cun consorcio de 19 socios de 11 países europeos e un orzamento que supera os cinco millóns de euros, financiado polo programa Horizonte Europa. Na súa fase final, o obxectivo é obter resultados transferibles e desenvolver modelos replicables internacionalmente.

Falamos cos investigadores principais Miguel Rodríguez, David Fernández e Andrés Rodríguez, nas que falan en detalle do progreso e os desafíos dos distintos estudos de caso do proxecto.

Ler as novas completas en La Región : nova1, nova2

 

Investigadores ourensáns que participan no proxecto InBestSoil